Parque Nacional do Manovo-Gounda St. Floris
Parque Nacional do Manovo-Gounda St. Floris | |
---|---|
localización | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | República Centroafricana |
Localización | Coordenadas: 9°0′N 21°30′L / 9.000, -21.500 |
Tipo | Natural |
Criterios | IX, X |
Inscrición | 1988 (12ª sesión) |
Rexión da UNESCO | África |
Identificador | 475 |
O Parque Nacional do Manovo-Gounda St. Floris é un parque nacional declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO que se atopa na prefectura centroafricana de Bamingui-Bangoran, preto da fronteira co Chad. Foi inscrito na lista de Patrimonio da Humanidade no ano 1988[1] grazas á diversidade da vida salvaxe que acolle.
Localización
[editar | editar a fonte]Ocupa a meirande parte da zona oriental da prefectura de Bamingui-Bangoran, ao norte da República Centroafricana. O seu límite setentrional coincide coa fronteira co Chad nos ríos Aouk (Bahr) e Kameur, a oriental co río Vakaga, a occidental co río Manovo (a uns 40 km ao leste de Ndéle) e a meridional co macizo de Bongo.
Conservación
[editar | editar a fonte]Destacan especies como o rinoceronte negro, o elefante, o guepardo, o leopardo, a gacela de fronte vermella e o búfalo; así como unha ampla gama de aves acuáticas que se atopan nas chairas anegadas do norte. Porén, o parque está baixo ameaza por mor do case exterminio das súas especies de fauna raras. En 1997 pasou a ser incluído na lista do Patrimonio Mundial en Perigo despois de informes de pastoreo ilegal e de cazadores furtivos que puideron capturar até o 80% da fauna no parque.
Os disparos a catro membros do persoal do parque a comezos de 1997 e un estado xeral de deterioración da seguridade fixo que todos os proxectos de desenvolvemento e de turismo ficasen parados. O goberno da República Centroafricana propón asignar a responsabilidade da xestión do parque a unha fundación privada. A preparación dun informe de conservación e un plan de rehabilitación foi recomendado polo Comité do Patrimonio da Humanidade na reunión de 1988, trala que se comezou a traballar en programas de mellora para reactivar a vida silvestre.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Manovo-Gounda St Floris National Park". Consultado o 11 de marzo de 2017.